A lenda do descubrimento da tumba do apóstolo nun "campo estelar" (Compostela), casualmente no mesmo lugar onde puido ser enterrado Prisciliano, fortaleceu o cristianismo e, á súa vez, diluíu o priscilianismo, substituíndo as súas peregrinacións por outras máis multitudinarias.
Coa construcción da Catedral onde antes había unha pequena capela, a Igrexa de Compostela tivo un enorme poder no Reino de Galicia, destacando a época do seu primeiro arcebispo Diego Xelmírez. Todo isto nun contexto no que Galicia estaba ameazada pola chegada dunha nova civilización do norte de África, os musulmáns.
Os musulmáns, chamados de novo "mouros" pola súa orixe norteafricana (Mauretania), traían unha nova relixión e instaláronse durante séculos na metade central e sur da península Ibérica. En Galicia (ou Jalikiah, como eles a chamaban) apenas se estableceron, probablemente debido ás características xeográficas e climáticas máis adversas. Porén, tamén son famosos os pactos dos nobres galegos con Almanzor, así como o seu roubo das campanas da catedral de Santiago.
Por outra banda, o crecemento de Compostela restoulle poder a outras cidades como Lugo ou Braga. E con Braga houbo importantes disputas e desacordos tanto no clero como na nobreza de ambas as dúas dióceses.
Fronte ao poder territorial da Igrexa no Reino de Galicia, a nobreza e a monarquía foron trasladando paulatinamente as súas sedes a Asturias, León e Castela, ao tempo que incorporaron territorios mediante conquistas e unións dinásticas. E pola contra, os reinos dividíanse para repartilos entre os seus herdeiros.
Un feito relevante foi o reparto de Fernando I a tres dos seus fillos, dos reinos de Galicia, León e Castela. Despois dunha guerra posterior entre os irmáns reis, Afonso VI rei de Castela, conquistou León e Galicia. E este, pouco antes da súa morte casou con dous condes borgoñóns (Raimundo e Enrique) con dúas das súas fillas (Teresa e Urraca). Raimundo e Urraca foron proclamados Condes de Galicia, e Enrique e Teresa Condes de Portugal.
Ambos os matrimonios tiveron como herdeiros a dous reis co mesmo nome, o do seu avó. Afonso Raimúndes (fillo de Raimundo), nado en caldas de Reis e alumno de Xelmírez, foi coroado na catedral de Compostela como Rei de Galicia (e máis tarde tamén de León e Castela como Afonso VII).
Mentres o Afonso Henriques (fillo de Enrique) proclamou a independencia do condado de Portugal no século XII. Despois dunha nova guerra e do consentimento do Papa, converteuse no primeiro rei de Portugal e tanto a expansión do novo reino cara ao sur durante a reconquista, como a expansión de Castela, deixaron a Galicia acurralada na esquina noroeste da Península.
Galicia tiña cinco cidades episcopais na Idade Media e cada unha tiña a súa catedral (Santiago, Lugo, Ourense, Mondoñedo e Tui). Ás veces, aliada coa nobreza e outras en disputa con ela, a Igrexa tivo que enfrontarse ás incursións normandas entre os séculos IX e XII.
O bispo Cresconio ordenou a construción de torres defensivas en varios puntos da costa galega, destacando as Torres do Oeste, en Catoria (construídas encima das romanas existentes), para protexer a ría de Ulha, a máis grande de Galicia e que remata moi preto de Compostela.
Algúns normandos (descendentes dos viquingos) mesturáronse coa poboación, e instaláronse en colonias preto da costa de Galicia, á que chamaban Jakobsland (Terra de Santiago). Pero a maioría deles fixérono temporalmente, saqueaban e marchaban, como fixeron noutras partes de Europa, incluído o Mediterráneo.
É curiosa a presenza dunha gran cantidade de loiros con ollos claros en Galicia na actualidade, en relación co resto da Península Ibérica, pola herdanza celta, sueva e normanda... Ademais, en Brasil o termo "galego" ten o significado de persoa loira e de pel branca.
Ulf o viquingo, tamén chamado "o galego", foi un personaxe destacado nesta parte da Historia de Galicia e un exemplo do normando aquí establecido, tomando acordos tamén coa nobreza galega.
Durante a Idade Media, a Igrexa acabou gañando a batalla aos señores feudais. En Galicia, as Revoltas Irmandinhas foron as primeiras revolucións sociais en Europa contra o feudalismo.
Campesiños, burgueses, pequenos nobres e algúns eclesiásticos, rebeláronse contra o excesivo poder de señores e altos eclesiásticos que os obrigaron a pagar rendas e impostos elevados e esixiron á monarquía e á Igrexa que cesen estes abusos de poder.
Así, a monarquía establecida en Castela (antes en León e Asturias) conseguiu acabar coa nobreza galega, executando a nobres como Pardo de Cela ou o requisando propiedades a outros como Pedro Madruga ou João da Nova, que se acabaron exiliando en Portugal.
Os Reis Católicos deron definitivamente á Igrexa un amplo poder en Galicia e substituíron aos nobres galegos que non os apoiaban por nobres casteláns, nomeando tamén "virreis" non galegos que tiñan o poder administrativo. É a época da coñecida como "doma e castración do Reino de Galicia", aproveitando a desorde social deste territorio.
As guerras Irmandinhas deixaron máis de cen fortalezas, torres e castelos destruídos, polo que hoxe hai poucos conservados e a maioría deles en ruínas. E mentres remataba o feudalismo dos condes e señores da Idade Media, durante a Idade Moderna medrou unha nova nobreza menos poderosa, a dos fidalgos, que ocuparon terras e construíron os famosos pazos, hoxe tan representativos do país. Mentres tanto, o poder da Igrexa manifestouse na expansión de igrexas e mosteiros.
Galicia, ao longo da súa historia, nunca estivo illada das correntes culturais europeas, chegadas principalmente polo Camiño de Santiago. Deste xeito, a súa capital Compostela converteuse nun importante centro cultural e relixioso durante o Reino de Galicia. Porén, o poder político estaba en mans das monarquías portuguesa e castelá, que foron ampliando e conformando os dous grandes Estados Ibéricos e, posteriormente, Imperios de Ultramar.
O Reino de Galicia à morte de Carlomagno (ano 814) |
2 Comentarios
Muito bom todo este trabalho!
ResponderEliminarVivo no Rio de Janeiro (há 48 anos) sou português, e me interessa muito toda a nossa história comum
Muito obrigado, Francisco!
EliminarTemos muito em comum, começando pela lingua.