Galicia ten tres aeroportos, xa é un debate histórico se Galicia precisa tres pequenos aeroportos nas tres cidades máis importantes ou se sería mellor ter un só e máis grande. Sobretodo vendo como o aeroporto internacional do Porto, no Norte de Portugal, converteuse xa no aeroporto dos galegos pola súa proximidade e maior oferta de voos e conexións internacionais.

En calquera caso, o máis lóxico hoxe sería aproveitar as tres infraestruturas existentes e especializalas, xa que os aeroportos de Vigo e A Coruña están vinculados aos seus dous centros industriais e de negocios e Santiago está máis relacionado co turismo. Tamén é esencial conectar de forma eficaz os aeroportos entre eles e as principais cidades por tren. Por exemplo, a infraestrutura do antigo aeroporto de Santiago (xunto ao novo chamado "Rosalía de Castro"), podería usarse como estación de conexión co "TAV" (tren de alta velocidade).

O tren de alta velocidade, actualmente en construción, foi deseñado para conectar os portos da Coruña e Vigo con Madrid (e coas cidades que fican de camiño, como Santiago). E aínda que o TAV reduce considerablemente as distancias entre as principais cidades, non para en moitas partes do país e tamén é caro para os desprazamentos diarios. Polo momento, o tren tampouco está conectado cos aeroportos.

O que precisa Galicia é un sistema de trens de proximidade que equilibre o seu territorio, similar ao doutros países. Que conecte as cidades con todas as vilas cabeceiras de comarca e principalmente que conecten o interior co Eixo Atlántico. É fundamental estruturar o territorio internamente por ferrocarril e logo unilo ao exterior e non só a Madrid, senón tamén ao norte de Portugal e Asturias.

Non obstante, en Galicia priorizouse o uso do transporte privado por estrada sobre o transporte público por ferrocarril. Investiuse en boas autoestradas no interior do país e co exterior, iso si, desafortunadamente sempre primando a conexión do Eixo Atlántico con Madrid antes que a lóxica conexión entre todas as áreas urbanas e cabeceiras comarcais galegas. De feito, as 7 principais cidades aínda non están conectadas entre todas por autovía e ás veces son autopistas de peaxe, mentres que as dúas autovías que chegan desde Madrid son gratuítas.

Ademais, a desvantaxe é a dependencia do veículo privado, o que ás veces significa que hai máis viaxes en coche que en tren, xa que este último é máis caro e con peores horarios e conexións. Algo que tamén precisa Galicia é a introdución dun tranvía moderno nas zonas urbanas, que aínda non existe na actualidade.

A industrialización de Galicia, así como a mellora de infraestruturas e comunicacións, internas e externas, chegou tarde. Ata a revolución industrial, Galicia estaba moi poboada e, como rexión agrícola, era rica, pero baseada nunha economía de autoconsumo.

Exportábanse algúns produtos como o viño do Ribeiro ou o liño, pero o mercado estivo sempre condicionado polas políticas proteccionistas españolas e internacionais, polo que moitos xornaleiros acudían a traballar a Castela na época da sega, a Andalucía durante a recolleita da aceituna ou a Portugal tamén durante a vendima no norte ou a sega no sur. Mentres que a maioría da poboación sabía realizar oficios no campo ou na pesca, a escasa burguesía que creaba industrias era principalmente foránea. Por exemplo, as primeiras conserveiras foron creadas por emprendedores cataláns.

O déficit industrial de Galicia promoveu o gran éxodo rural entre 1830 e 1930 a cidades do resto da Península Ibérica (Madrid, Barcelona, ​​Bilbao e Lisboa), pero especialmente a América Latina (Bos Aires, Montevideo, México, São Paulo , Caracas, etc...). Galicia sempre foi terra de emigrantes, igual que outros países e rexións europeas como Irlanda, Norte de Portugal e Norte de Italia. Pero non terra de inmigrantes, con algunhas excepcións recentes como a poboación de Cabo Verde asentada en zonas da Mariña de Lugo como man de obra na pesca.

O seu carácter predominantemente rural e non industrial fixo que en Galicia nunca existise unha sociedade verdadeiramente obreira e reivindicativa. E no rural aínda predominan as pequenas propiedades (minifundios). As familias rurais tiñan un gran número de fillos que, ao herdar, debían  dividir as leiras en anacos máis pequenos. A única forma de non as dividir era que o fillo maior quedara con todos os bens a cambio de coidar dos familiares mais vellos da casa. 

Polo tanto, era normal que moitos mozos optasen por emigrar, e a maioría dos emigrantes atopaban mellores traballos no sector servizos en cidades fóra de Galicia.  Calcúlase que entre 1857 e 1960 establecéronse só na Arxentina uns 600.000 galegos, e en 2015 estaban empadroados 168.263 principalmente na cidade de Bos Aires, coñecida como a quinta provincia galega, por ter dereito a voto nas eleccións de Galicia que adoita ser importante.

Os galegos abriron asociacións e centros culturais en todas as cidades latinoamericanas de destino, os chamados Centros Galegos, onde se reuniron para difundir e reivindicar as tradicións de Galicia e dar ideas políticas para o seu progreso e desenvolvemento económico. Moitos chegaron a abrir importantes empresas e institucións nos países de destino como o Banco Galicia en Arxentina ou o Galicia Esporte Clube, un equipo de fútbol de Salvador de Bahía en Brasil. O camiño de Galicia deu o salto do mundo europeo ao mundo americano.

Este éxodo migratorio acentuouse durante os anos 40 do século XX, despois da guerra civil española e prolongouse ata os anos 50-60 cara a países europeos como Suíza, Alemaña, Francia ou Bélxica. A partir dos anos 80 e 90 comeza o retorno de capitais desde a diáspora. Moitos galegos volveron á súa terra e abriron negocios principalmente na hostalería. É habitual ver aínda hoxe bares e restaurantes con nomes como "Bar Paris" ou "Reustaurante Zurich", fundados por galegos que emigraron e gañaron cartos nesas cidades. E tamén nas cidades e vilas galegas construíronse desde principios do século XX as chamadas “casas de indianos”, casas señoriais construídas por aqueles galegos que fixeron grandes fortunas nas Américas.

É por iso que o pobo galego hoxe non ten medo á emigración, porque os seus devanceiros xa o fixeron, algúns regresaron e outros quedaron nos lugares de destino, traballando como man de obra barata, pero tamén comezando a crear empresas naqueles países. Actualmente, aínda hai emigrantes galegos en todos os recunchos do mundo, mentres que a poboación de Galicia diminúe cada ano.

A emigración e o avellantamento da poboación fan que a sociedade galega siga sendo en gran medida tradicional nos seus costumes, son familiares, conservadores, conformistas e individualistas. Porén, é tradicionalmente unha sociedade matriarcal, onde as mulleres sempre tiveron un papel fundamental dentro e fóra do fogar, sendo unha forza de traballo moi importante nas zonas rurais e dende o comezo da industria téxtil.

Hoxe en día temos en Galicia dous importantes centros industriais, ao norte está o téxtil da multinacional galega máis importante: o Grupo Inditex. E ao sur do país está a industria do automóbil, o grupo francés PSA Citroen. Moitas empresas relacionadas xorden de ambos sectores e xeran moitos postos de traballo. Pero estes non son os únicos sectores, outros como a construción (aluminio, madeira, minería...) ou a alimentación (viños, conservas, carne...) producen importantes exportacións ao exterior.

É importante diversificar o sector industrial, para non depender só das grandes empresas que poidan pechar en tempos de crise. Neste sentido, o sector do automóbil ten unha grande importancia, xa que proporciona moitos empregos directos e indirectos. E ademais da súa adopción de vehículos eléctricos e híbridos, en liña coa política ambiental europea, que aposta por reducir a produción de vehículos contaminantes.

Un gran potencial de Galicia é a agroindustria. Ademais dos excelentes produtos pesqueiros das súas rías, os seus variados produtos gastronómicos son de gran calidade, como o leite, a carne ou os seus famosos viños (denominacións de orixe). Grazas a isto, cada vez son máis as empresas que fabrican produtos artesanais (cervexas, sidras, aceite, queixos, froitos secos...) relacionados coa agricultura ecolóxica. Este sector é esencial para establecer emprego e poboación nas zonas rurais, ademais de impulsar a súa economía a través de actividades que complementan o turismo, como o turismo gastronómico.


Ría de Vigo
Ría de Vigo, coa Ponte de Rande ao fondo.