Podemos distinguir tres grandes áreas de asentamentos humanos en Galicia, a área costeira (a mais populosa), a Galicia interior e as áreas de montaña (as menos poboadas).

Galicia ten un sistema sistema urbano policéntrico que está composto por 7 cidades ou áreas urbanas con máis de 50.000 habitantes. As dúas principais áreas metropolitanas son a Coruña ao norte e Vigo ao sur. Son as dúas que teñen máis industria e tamén as que contan coas dúas equipas de fútbol máis importantes (Deportivo e Celta). 

Ambas están na costa e teñen os principais portos, e ainda que cada unha non chegue aos 500.000 habitantes rexistrados, na realidade a proximidade con outras dúas áreas importantes forma conurbacións urbanas a medida que se expanden. 

Así, o Gran Coruña expándese até a área urbana de Ferrol-Narón e o Gran Vigo ata a área urbana de Pontevedra, formando dúas conurbacións que requeren dun maior planeamento nas comunicacións e no uso común de infraestruturas.

Pero a capital da Galicia é Santiago de Compostela, unha cidade que non chega os 100.000 habitantes rexistrados. E aínda que sexa a cidade máis turística, grazas à sua famosa catedral, Compostela ten sido historicamente o centro político e relixioso, e hoxe é o centro administrativo e universitário, onde están localizadas a sede e o parlamento do goberno autonómico. 

Estas 5 áreas urbanas están localizadas no chamado Eixo Atlántico, o eixo de maior vitalidade económica da Galicia, que se estende para as outras dúas cidades do interior que tamén rondan os 100.000 habitantes (Lugo e Ourense) e tamén para o Porto (en Portugal) e Oviedo (nas Astúrias).

Existen xeógrafos que analizan o sistema urbano no que garanten que, se a Galicia tivese unha soa área metropolitana como a do Porto, no norte de Portugal, ou mesmo Barcelona, ​​na Cataluña, que dispusera de todos os servizos centralizados, o país seria máis competitivo e dificilmente existirían localismos. 

Mais isto tampouco é sempre así, xa que noutros territorios como no País Basco, existe un modelo territorial similar, com tres cidades principais (ben comunicadas no eixo da Y basca) e sua economia é unha das máis competitivas do Estado Español. Ou tamén nos Países Baixos co seu eixo Amsterdam-Roterdam-Haia, cada cidade coa súa función especializada. A diferencia é que as comunicacións entre as cidades galegas son moito peores, principalmente debido à súa complexa orografía.

A descentralización é boa, pero debe mellorarse evitando localismos e promovendo áreas urbanas e áreas especializadas perfectamente conectadas. Deste xeito, Vigo e A Coruña teñen os principais portos, esenciais para a economía galega, tanto para importacións, exportacións ou a chegada de cruceiros turísticos. Santiago de Compostela conta coa maior infraestrutura e cultura universitaria e tamén administrativa. E outras áreas urbanas e comarcais do interior contan con especializacións industriais, agro-industriais ou de servizos. Só así se equilibra o territorio entre a cidade, o medio rural, a costa e o interior.

Galicia está caracterizada, debido á sua xeografía, por ter um hábitat disperso con moitas vilas pequenas e aldeas, por iso non todas teñen boas conexións ou servizos. A división administrativa está composta de maior a menor por: ProvinciasComarcasConcellos e Parroquias ou Freguesías (algunhas tamén chamadas Pedanías).

As parroquias sempre tiveron un papel importante na sociedade galega. Elas foron creadas na época dos Suevos e agrupan un grupo de aldeas ás cais pertencen um párroco, un pedáneo e unha igrexa. O hábitat na Galiza é moi disperso debido á súa xeografía e existen moitas aldeas en lugares diferentes en todo o territorio. Algunhas na cima dos outeiros, outras no medio da ladeira e outras nos vales próximos aos rios. Os seus tamaños tamén varían, algunhas teñen apenas tres ou catro casas, e a igrexa é o centro e o nexo de unión entre varias aldeas veciñas.

En cada igrexa parroquial hai um párroco designado (embora hoxe un párroco poda dirixir varias parroquias debido á falta de persoal...) E o pedáneo é o representante escollido polos seus veciños, como un alcalde, mais sen partido político.

A aldea sempre foi o modelo de hábitat característico desde a época dos castros celtas como núcleo poboacional. Un núcleo de identidade, onde todos os seus habitantes se coñecen e se sorprenden cando alguén de fora aparece ou rivalizan cos habitantes doutras aldeas veciñas. E sempre de tradición relixiosa, na cal o cura ou párroco tiña un papel fundamental.

Pero en Galicia, a diferenza da división por parroquias, a división en catro provincias non ten moito sentido, xa que as comarcas que as compoñen teñen características xeográficas moi diferentes a pesar de estar na mesma provincia ou, ás veces, teñen unha maior similitude con outras da provincia veciña.

Ademais, o número de municipios é excesivo porque, debido ao avellantamento e ao despoboamento, moitos non chegan aos 1.000 habitantes. Houbo algunhas fusións, pero o ideal sería que as comarcas tivesen menos concellos e, en consecuencia, menos alcaldes. Ademais, as comarcas, que teñen o seu peso histórico e xeográfico, pero non administrativo, estarían ben que se encargasen de ofrecer servizos aos seus concellos e parroquias, funcionando como mancomunidades en detrimento das deputacións provinciais.

Deste xeito, eliminar as deputacións provinciais que son institucións con gran poder político, sería xunto coa fusión de concellos, unha xestión territorial moito máis eficiente nun territorio onde o caciquismo e a corrupción foron historicamente frecuentes e onde lamentablemente aínda están presentes na actualidade.



Mapa de Galicia

Densidade da poboación na Galicia